Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Inicio da campaña de fomento da lingua galega no ámbito familiar
Inicio da campaña de fomento da lingua galega no ámbito familiar PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Setembro 2008 11:52
Hoxe da comezo en Verín a campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, a través da obra teatro Flis-fli-ris-flás, da compañía Matapiollos.
Nesta obra nárrase a historia de Martiño, un cativo con medo á escuridade, que grazas ao poder dos contos e das boas historias, conseguirá superar o seu medo ao mesmo tempo que vive unha aventura no fondo do mar.

As funcións, representadas no Colexio María Inmaculada, están destinadas aos/ás alumnos/as de Educación Primaria deste centro e dos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España. Todos os asistentes recibirán como agasallo o libro coa historia de Martiño, da autoría de Araceli Gonda, e un CD-Rom, con guión de José Luis Orge e Francisco Castro, cunha aventura na que o propio neno protagonista da obra terá que ir superando unha serie de probas para culminala con éxito.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>