Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Entrega dos premios 'Mellor Tapa' e 'Tapeira Maior 2008' de Verín
Entrega dos premios 'Mellor Tapa' e 'Tapeira Maior 2008' de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Agosto 2008 12:34
Esta mañá, o salón de xuntas do Concello de Verín acolleu a entrega de premios da primera edición da ruta gastronómica “Un río de tapas” de Verín, unha iniciativa realizada co fin de recuperar a tradición do “tapeo” na localidade e dar a coñecer a oferta gastronómica existente.
 
Mentres o de “Mellor Tapa” recaeu en Esperanza Carrajo Parada, propietaria do Mesón O Pucheiro, pola tapa Delicias de ovos de paspallás, por decisión unánime do xurado, e o de “Tapeira Maior 2008” foi para Sonia Zarraquiños Novelle, como resultado do concurso realizado entre todos os participantes que cumplimentaron o “pasaporte”.
Ambas recibiron un premio en metálico de 300 €, o de “Mellor Tapa” concedido pola Asociación de Empresarios de Hostalería da Comarca de Monterrei (AECOM) foi entregado por Antonio Álvarez Vivián; e o de “Tapeira Maior 2008” por José Luis Núñez Barreal, propietario do restaurante O Castelo, como representante dos establecementos participantes nesta actividade.

Na ruta, organizada polo Concello de Verín en colaboración con AECOM e a D.O. Monterrei, entre os días 8 e 17 de agosto, participaron un total de 20 establecementos que ofertaron 32 tapas salgadas e doces, maridadas con viño da D.O. Monterrei.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>