A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, organiza dúas misións empresariais e 1 seminario empresarial transfronteirizo en formato on-line |
|
|
|
Mércores, 02 Xuño 2021 15:30 |
A Eurocidade organiza nos días 9 e 17 de xuño 2021 as misións empresariais e o 15 de xuño 2021 o Seminario empresarial. |
Ler máis...
|
A compañía Sarabela representa en Verín a obra “A lingua das bolboretas” |
|
|
|
Mércores, 02 Xuño 2021 12:41 |
O vindeiro 20 de xuño, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “A lingua das bolboretas”, baseada nunha historia de Manuel Rivas e dirixida por Gonçalo Guerreiro. As entradas, que xa están á venda en www.ataquilla.com, teñen un prezo de 5 euros.
|
Ler máis...
|
O Auditorio Municipal acolleu a presentación do festival itinerante "Latexos do Rural no Camiño" |
|
|
|
Martes, 01 Xuño 2021 20:18 |
Esta mañá, ás 11.30 horas, de Verín presentouse no Auditorio Municipal esta peregrinación artística co título “Latexos do Rural no Camiño”. O acto, conducido polo director e creador rural Rubén Riós, foi inaugurado en calidade de anfitrioa pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín, Dna. Emilia Somoza. Ela agradeceu a iniciativa, a acollida do acto e indicou “é un orgullo realizar actos culturais”. Rubén Riós aproveitou para agradecer ás institucións, ás entidades colaboradoras e ós artistas desta edición o seu compromiso, a súa loita e entrega por crear dende o rural e sobre todo, convidou a todos asistentes a que “xuntos fagamos que o rural lata máis forte que nunca”. |
Ler máis...
|
A “Escola de Verán 2021” do Concello de Verín abre o prazo de inscrición |
|
|
|
Luns, 31 Maio 2021 11:34 |
Dende a Área de Mocidade do Concello de Verín organízase, un ano máis, o programa deportivo "Escola de Verán" e infórmase que a partir do 1 de xuño ábrese o seu prazo de inscrición. A “Escola de Verán” é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumple a súa 23ª edición e que se desenvolverá desde o xoves 1 de xullo ata o martes, 31 de agosto, destinada a un máximo de 200 menores nados dende o 2007 ata o 2017. |
Ler máis...
|
Verín acolle a presentación de Latexos do Rural no Camiño, unha peregrinación artística dirixida por Rubén Riós |
|
|
|
Sábado, 29 Maio 2021 16:03 |
“Latexos do rural no Camiño parte da idea de crear un festival itinerante para dar voz a esas artistas rurais quen nas súas obras, hai moita paixón e creatividade: unha ferramenta salvadora nestes momentos que nos toca vivir, non só para comunicarnos e xerar esperanzas, senón tamen para dar a coñecer o noso ó mundo”. Con estas palabras, Rubén Riós presenta esta peregrinación artística titulada “Latexos do rural no Camiño”. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Final >>
|
Páxina 136 de 1000 |