Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

1ª Cosecha, de Josu Gascón PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Agosto 2008 12:21
Desde o 24 de agosto ao 11 de setembro, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 1ª Cosecha do escultor vasco Josu Gascón.
A mostra reúne nove das últimas obras do autor, realizadas durante estes tres últimos anos (2006-2008). Con medidas e materiais diversos, todas elas posúen unha gran influencia artística da 'tendencia conceptual' da arte sobre unha base neodadaísta, onde o autor utiliza o simbolismo lingüístico e o ensamblaxe de obxectos cotiáns para expresar a súa visión sobre a arte e a vida.
Ler máis...
 
Verín colabora coa iniciativa ALACO para axudar a Juanma PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Agosto 2008 12:19
Juanma é un neno de Almería de catro anos, afectado pola enfermidade chamada “Síndrome de Alexander” -unha das chamadas enfermidades raras-. Co obxectivo de recadar fondos para a investigación do tratamento de devandita enfermidade, José Miguel Cabrera está dedicando o seu mes de vacacións á causa: “Soy Juanma, quiero vivir”, facendo a ruta ALACO (Almería-A Coruña) e percorrendo numerosos concellos para dar a coñecer o problema de Juanma e que todo o que queira poida colaborar.
Ler máis...
 
Baloncesto en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Agosto 2008 10:03
O Pavillón de Deportes de Verín acollerá, o próximo domingo 24 de agosto, o primeiro partido da Copa Galicia entre Clube Ourense Baloncesto (COB) e Basket Coruña.

Neste enfrontamento, que será a partir das 19 horas, a entrada é gratuíta.
 
Un día cos nenos/as na rúa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Agosto 2008 10:01
O sábado 23 de agosto, día de feira na localidade, a Oficina Muncipal de Información Xuvenil do Concello de Verín organizará unha serie de actividades lúdico-culturais para os nenos/as do municipio.
Ler máis...
 
Nota Informativa PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Agosto 2008 08:47
Nos últimos días, varios/as veciños/as do municipio de Verín recibiron chamadas telefónicas nas que unha empresa ofertaba os seus servizos para realizar análises de auga nas súas casas. Desde o Concello de Verín, co fin de aclarar as posibles dúbidas aos/ás verinenses, puntualízase o seguinte:

- A auga do municipio atópase perfectamente analizada e sometida aos controis específicos preventivos.

- O ente municipal non ten relación con esta empresa privada nin co servizo que oferta.
 
<< Inicio < Anterior 961 962 963 964 965 966 967 968 969 Seguinte > Final >>

Páxina 961 de 969
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>