Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Verín acolle o 4º ciclo de cinema galego-portugués Mulleres, patrimonios e sociedade PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Outubro 2022 10:17

Os días 27, 28 e 29 de outubro o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acolle o 4º ciclo de cinema galego-portugués Mulleres, patrimonios, sociedade Verín. Neste ano 2022 centrarase no papel das mulleres no mundo da morte e da dor que se ergue cunha forte carga patrimonial e social; un mundo que une moitos territorios do rural galego e portugués, onde presenta características comúns arredor do papel da muller, as crenzas e os ritos, mais tamén algunhas diverxencias. Moitos destes aspectos serán tratados a través dos audiovisuais seleccionados.

Ler máis...
 
Banksy adorna con cinco novas obras outros tantos espazos de Verín PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 16 Outubro 2022 13:22

 Banksy, o artista urbano máis destacado do panorama internacional, desembarcou de novo en Verín con cinco das súas obras máis coñecidas,  entre as que destacan “Nena con roda”,  “Pulp Fiction” ou “Think tank”.  As intervencións forma parte da mostra ao aire libre “Verín, territorio Banksy”, que formará un roteiro polas rúas que próximamente será presentado polo Concello.

Ler máis...
 
O Concello de Verín pon en marcha un curso de iniciación ao tenis en colaboración co IES Xesús Taboada Chivite PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 15 Outubro 2022 10:01

Desde a área de Deportes do Concello de Verín ponse en marcha, en colaboración co IES Taboada Chivite, un Curso de Iniciación ao Tenis, enfocado a mozos de ata 18 anos, coa finalidade de achegar este deporte tan completo aos máis pequenos.

Ler máis...
 
O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro "Yo ecofeminista" de Concha López Llamas PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 15 Outubro 2022 11:30

O martes 18, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación da obra "Yo ecofeminista" de Concha López Llamas, Catedrática de Bioloxía e Xeología en Educación Secundaria, ampliamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica.
Ler máis...
 
Verín proxectará “Malencolía” no marco do Ciclo Mestre Mateo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 Outubro 2022 08:53

O Concello de Verín continúa coas proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. A  vindeira cita será o domingo 23 de outubro, ás 19.00 horas, coa  proxección  do filme Malencolía no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín, lugar no que terán lugar todas as exhibicións programadas no marco desta iniciativa. (Os filmes proxectaranse mensualmente ata novembro, sempre con carácter gratuíto).

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 Seguinte > Final >>

Páxina 79 de 1000
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>