O Salón de actos da Casa da Cultura de Verín acolle a presentación da obra A verea Confusa de Edelmiro Mateo |
|
|
|
Mércores, 16 Novembro 2022 11:11 |
O vindeiro mércores 23 de novembro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro A verea Confusa, obra de Edelmiro Mateo cuxas ilustracións foron realizadas polo artista verinés Fernando Barreira. |
Ler máis...
|
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Tadeo Jones 3” e "Black Adam" |
|
|
|
Martes, 15 Novembro 2022 13:55 |
Durante os días 19, 19 e 20 de novembro o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Tadeo Jones 3” e "Black Adam" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases.
|
Ler máis...
|
Verín reducirá en máis de 15 toneladas ao ano as súas emisións de CO2 coa nova instalación fotovoltaica da piscina climatizada |
|
|
|
Xoves, 10 Novembro 2022 13:36 |
A piscina climatizada do Concello de Verín xa conta con paneis solares que fornecerán a enerxía eléctrica para tanto para o seu autoconsumo como para a súa climatización. Esta acción é posible grazas ao investimento de 28.849,50 euros dos que 22.118,32 euros son financiados polos fondos comunitarios derivados do Feder nun 80 por cento, sendo o importe restante de carácter municipal. Desta forma as citadas instalacións pasan a ser autosuficientes no ámbito enerxético. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín substituíu 1.630 luminarias nos núcleos rurais na segunda fase do seu plan de renovación e mellora da iluminación pública |
|
|
|
Martes, 08 Novembro 2022 12:36 |
O Concello de Verín vén de rematar a segunda fase de renovación da iluminación pública por luces LED co consecuente aforro e eficiencia enerxética, así como a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. En total substituíronse 1.630 luminarias de iluminación pública correspondentes as luminarias de quince núcleos rurais de Verín (Tamaguelos Tamagos, Pazos, Queizás, Pazos, Mourazos, Mandín, Feces de Abaixo, Cabreiroá, A Rasela, Ábedes, Queirugás, Vilamaior, O Salgueiro e Caldeliñas). |
Ler máis...
|
A Xunta somete á información pública o proxecto de construción dunha base aérea transfronteiriza entre Verín e Oímbra no marco do proxecto Interlumes |
|
|
|
Luns, 07 Novembro 2022 00:00 |
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 4 de outubro o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza -no marco do proxecto Interlumes do Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal (Poctep)-, nos concellos ourensáns de Verín (Mandín) e Oímbra (Rabal). Cómpre lembrar que para financiar a iniciativa Interlumes, no que ademais da Xunta participan o Goberno portugués e outras institucións de Galicia, Castela e León e Estremadura, prevese un investimento total de máis de 9 millóns de euros. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 Seguinte > Final >>
|
Páxina 76 de 1000 |