Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais
Servizos Sociais
Patexando polo monte PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Maio 2010 11:36

A área de Benestar Social e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín organizan durante este fin de semana a actividade ‘Patexando polo monte’, destinada a familias seleccionadas desde o propio departamento e pertencentes ao centro de día da Cruz Vermella.

Ler máis...
 
ov-sas-maiores-teleasistencia

Teleasistencia Domiciliaria.


É un servizo social que se presta no domicilio e que ofrece a posibilidade de continuar vivindo neste con tranquilidade e seguridade. Ten por obxeto dar unha resposta positiva e inmediata co fin de resolver situaciones de necesidade as 24 horas ó día, todos os días do ano.
É un sistema de comunicación bidireccional, mans libres, que conecta ao usuario do Servizo cun Centro de Atención, sólo con pulsar un botón.
 
ov-sas-maiores-xantar-na-casa

Programa de comidas a domicilio “Xantar na casa”.


Constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade  adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

Preténdese que as persoas maiores e/ou dependentes poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable.
 
ov-sas-maiores-065

Programa de Transporte Adaptado (065).


O Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para ás persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de  dependencia ten a consideración de servizo de transporte adaptado programado e non urxente para a prestación de servizos puntuais.

Este servizo de transporte adaptado e asistido, de carácter gratuíto, ten como finalidade:
a) Poñer a disposición das persoas con discapacidade e/ou dependentes que teñan dificultades de mobilidade os  medios adecuados as súas necesidades, que lles faciliten dita mobilidade.
b) Favorecer o acceso, en condicións de igualdade efectiva, ás persoas con discapacidade e/ou ás persoas en situación  de dependencia aos servizos e recursos que faciliten a promoción da súa autonomía persoal así como a súa  participación no contorno habitual.
 
ov-sas-maiores-acompañote

Programa “Acompáñote” de localización e control.


O sistema de xeolocalización consiste na utilización de dispositivos que trala emisión de alarmas permiten a localización dunha persoa fora do seu domicilio.

Trátase dun pequeno equipo que integra un terminal e un módulo de localización xeográfica vía satélite, conectado cun centro de control durante as 24 horas e dende o que é posible recuperar a posición exacta dunha persoa en calquera momento.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 14
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>