Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Modificación da ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Abril 2009 11:04

O Concello de Verín levará ao Pleno, do próximo día 27 de abril, a nova ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar. Isto é así por imperativo legal, xa que a Xunta de Galicia da un prazo de seis meses para que todos os concellos galegos adapten as súas ordenanzas municipais ao novo regulamento, que está condicionado pola Lei de Promoción de Autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia (Lei da Dependencia).

Ler máis...
 
Inicio do 1º Torneo de Fútbol Sala Inter- Parroquias Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Abril 2009 09:51
O pasado fin de semana deu comezo o 1º Torneo de Futbol Sala Inter-Freguesias/Parroquias da Eurocidade Chaves–Verín. Nesta primeira edición participaron catro equipos do municipio de Verín e trinta do de Chaves.
Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves-Verín convoca un novo curso de formación de lingua portuguesa PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Abril 2009 08:38
Debido ao elevado número de persoas que quedaron en lista de espera na anterior edición, a Eurocidade Chaves-Verín convoca novamente un curso de portugués básico de 2 meses de duración, a iniciar no vindeiro mes de maio. Este curso impartirase os martes e xoves en horario de tarde-noite, habendo unha primeira reunión informativa o 28 de abril, no salón de actos da Casa da Cultura ás 20.30 horas, onde se marcarán os horarios que mellor se adapten ás necesidades dos interesados.
Ler máis...
 
Contacontos, manualidades e videoconferencias no Día Mundial do Libro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Abril 2009 11:54
Con motivo do Día Mundial do Libro, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza un ciclo de actividades lúdico-culturais, que se iniciou a semana pasada cunhas xornadas para os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei e conclúe, este venres, cunha visita a Expourense e a asistencia ao partido de baloncesto entre o COB e o Club Palencia Baloncesto.
Ler máis...
 
Sinatura do convenio para a cesión da Aduana de Feces de Abaixo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Abril 2009 14:53
O delegado de Economía e Facenda en Ourense, Javier García Rodríguez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, asinaron un convenio para a cesión gratuíta do edificio da antiga Aduana, situada en Feces de Abaixo, por parte do Ministerio de Economía e Facenda ao Concello de Verín.
Ler máis...
 
Curso de patrón de navegación básico PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Abril 2009 12:33
A Casa da Cultura de Verín acolle o próximo 17 de abril, a partir das 20.30 horas, a presentación do curso de patrón de navegación básico organizado pola Academia Náutica Estelas, en colaboración coa área da Xuventude e Deportes do Concello de Verín.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 781 782 783 784 785 786 787 788 789 790 Seguinte > Final >>

Páxina 781 de 808

?>