Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
8ª Edición do Programa de Termalismo Social Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Setembro 2011 13:42

A Eurocidade Chaves-Verín pon en funcionamento a oitava edición do Programa de Termalismo Social, entre os días 3 e 12 de outubro, que permitirá a un mínimo de 25 persoas da comarca de Verín acudir ás Temas de Chaves – Spa do Imperador, beneficiándose dun desconto especial.

Ler máis...
 
Nova dirección do Servizo Municipal de Auga PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Setembro 2011 13:37

A empresa Espina & Delfín, SL., concesionaria do servizo municipal de auga de Verín, trasladou a rúa Canella Cega nº 41 a súa Oficina de Atención ao Cidadán, situada con anterioridade na rúa Laureano Peláez,  e na que os/as veciños/as da localidade non só recibirán información deste servizo senón que tamén poderán efectuar as xestións administrativas pertinentes.

Ler máis...
 
Curso “Mediación e resolución de conflitos interxeracionais” en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Setembro 2011 13:33

O Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín promover a realización do curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais”, que terá lugar entre os meses de setembro e decembro e no que tamén colabora a Xunta de Galicia. Ver Tríptico.

Ler máis...
 
2º Torneo de Liga de Fútbol 7 Veteranos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Setembro 2011 10:57

A área de Mocidade e Deportes do Concello de Verín e as Escolas Deportivas de Fútbol promoven a segunda edición da Liga de Fútbol 7 para veteranos -maiores de 30 anos-, que se desenvolverá desde a primeira quincena de outubro ata o mes de xuño do 2012.

Ler máis...
 
Novos cursos de alfabetización dixital na Aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Setembro 2011 10:31

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Verín iniciará, a partir da vindeira semana, novos cursos de alfabetización dixital e outros de carácter específico -utilización de equipamentos electrónicos, cámaras dixitais, unidades extraíbles ou equipamentos para videoconferencias-.

Ler máis...
 
Subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Setembro 2011 12:30

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>

Páxina 680 de 807

?>