Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Modificación de obradoiros no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeracionais” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Outubro 2011 13:06

O curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, modificou as xornadas e horarios de catro dos obradoiros previstos no mesmo.

Ler máis...
 
Programa de asesoramento a PEMES en comercio electrónico B2C PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Outubro 2011 13:05

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de bases reguladoras para a participación de entidades colaboradoras no Programa de asesoramento a PEMES en comercio electrónico B2C.

Ler máis...
 
Máis dun centenar de persoas participan no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeracionais” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Setembro 2011 17:03

O rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, inaugurou esta tarde o curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, e no que participan máis de 130 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e o norte de Portugal.

Ler máis...
 
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade renova a Comisión Executiva PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Setembro 2011 15:56

A Asemblea Xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade renovou esta mañá por unanimidade a Comisión Executiva, que nos próximos catro anos vai estar presidida por Teresa París  (PP),  representante do Concello de Redondela. A vicepresidenta será Isaura Abelairas (PSdeG-PSOE), do Concello de Vigo, mentres que a tesoureira vai ser Pilar Gallego (BNG), do Concello de Allariz. A Secretaría continuará correndo ao cargo do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), que impulsou a creación da asociación en 1997.

Ler máis...
 
Consulta da mesa electoral na web do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Setembro 2011 12:40

Co obxecto de que todos os/as verinenses poidan coñecer en que mesa electoral poden exercer o seu dereito ao voto, o Concello de Verín colocou na súa páxina web (www.verin.net) a aplicación En que mesa voto?

Ler máis...
 
Subvencións a titulares relacionados coa produción e comercialización do sector agrario PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Setembro 2011 12:38

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións a entidades, empresas e profesionais, relacionados coa produción e a comercialización no sector agrario, que faciliten datos estatísticos e de prezos agrarios.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>

Páxina 677 de 807

?>