Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Inscrición para o Obradoiro do Cigarrón PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Outubro 2011 13:41

O Concello de Verín organiza un obradoiro para aprender a facer o traxe de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os/as interesados/as poden inscribirse até o día 28 de outubro na Casa do Concello, na oficina de información (planta baixa).

Ler máis...
 
‘Día Mundial das Bibliotecas’ en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Outubro 2011 11:41

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do Día Mundial das Bibliotecas, unha actividade cultural o vindeiro venres 21 de outubro, de 18 a 19.30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións destinadas ao fomento da lectura.

Ler máis...
 
Presentación do libro 'Guía das Libélulas de Galicia' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Outubro 2011 12:17

O vindeiro martes 18 de outubro, ás 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do libro 'Guía das Libélulas de Galicia' do naturista e biólogo Miguel Ángel Fernández Martínez.

Ler máis...
 
Natación terapéutica para os colectivos de discapacitados psíquicos en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Outubro 2011 12:15

Durante os meses de outubro a xuño, a Piscina Climatizada de Verín programa a realización de cursos de natación terapéuticas programadas, de modo conxunto, polo Servizo de Deportes do Concello de Verín e as entidades A.F.E.M. Morea e a Fundación para a Protección dos Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín.

Ler máis...
 
Reinserción laboral e establecementos de axudas especiais aos traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Outubro 2011 11:36

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/210, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2011, do 31 de xullo de 2001.

Ler máis...
 
'Afronta o reto: colabora na mellora da saúde mental' (Día Mundial da Saúde Mental 2011) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Outubro 2011 09:13

As cifras son claras: 1 de cada 4 persoas presentará unha enfermidade mental ao longo do seu vida. Diagnosticadas ou non, xunto a estas persoas tamén se encontran os seus familiares e achegados. Todos, tamén os profesionais do ámbito da saúde mental, soportan día a día o estigma e a discriminación asociados á enfermidade mental. Subliñando a gravidade das súas consecuencias, revindicamos a erradicación desta eiva que chega a tal punto que mesmo desalenta as persoas a recoñecer  que teñen un problema de saúde mental, solicitar axuda e seguir un tratamento.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>

Páxina 675 de 807

?>