Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Verín converterase na capital da cervexa os vindeiros 8 e 9 de outubro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Setembro 2021 10:11

 Os vindeiros días 8 e 9 de outubro, o Concello celebrará a primeira edición da Festa da Cervexa de Verín. Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis de 20 variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará con varios restaurantes que mesturarán gastronomía galega e alemá, actuacións musicais de primeiro nivel e animación infantil.

Ler máis...
 
A Piscina climatizada de Verín abre o prazo de inscrición para os cursos de natación PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Setembro 2021 12:23

 O vindeiro mércores 29 de setembro, ás 16:00 horas, a Piscina Climatizada de Verín abre o prazo de inscrición dos seus cursos de natación.

Ler máis...
 
O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da obra “Feminissimas” da compañía De Ste Xeito PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Setembro 2021 17:09

O sábado 18 de setembro, ás 20:30 horas,  a compañía de De Ste  Xeito Producións actuará no Auditorio do Concello de Verín coa súa última peza teatral, titulada  Feminíssimas. unha fantástica comedia coa amizade como fondo e o feminismo como forma.

Ler máis...
 
A Policía Local de Verín suma dous novos vehículos á súa frota PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Setembro 2021 14:20

 A concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, anunciou esta mañá que nos próximos días o  Concello de Verín recibirá dous novos vehículos, destinados a aumentar os recursos e medios cos que conta a Policía Local de Verín.

Ler máis...
 
O FIC Vía XIV pecha a súa sexta edición facendo fincapé no poder transformador do cinema PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 11 Setembro 2021 00:00

O FIC Vía XIV xa é un referente que traspasa fronteiras”. Así o asegurou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, no acto de clausura da VI edición do festival de curtas, no que tamén fixo fincapé en que “o festival, ao igual que o Entroido, axuda a situar Verín no mapa”. Gerardo Seoane puxo tamén en valor o poder transformador do cinema en tanto en canto “axuda a conformar o pensamento crítico”.

Ler máis...
 
O ourensán Sergio Pazos foi a figura homenaxeada na VI edición do fic Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 11 Setembro 2021 00:00

O ourensán Sergio Pazos foi o artista homenaxeado na VI edición do FIC Vía XIV de Verín, sucedendo así a Luis Zahera, a quen se homenaxeou o ano pasado. Ao igual que Zahera, Sergio Pazos posúe unha ampla traxectoria que inclúe os campos do teatro, do cinema e da televisión.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 737

?>