Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
O C.R.D.O. Monterrei e o Concello de Verín asinan un convenio de colaboración para a XVI Feira do Viño Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Xullo 2023 12:15

O presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asinaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades destinado á organización da próxima edición da Feira do Viño Monterrei, que se celebrará do 11 ao 13 de agosto.

Ler máis...
 
O Concello de Verín únese á celebración do día do orgullo LGTBI colgando unha bandeira na casa consistorial PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Xuño 2023 12:17

 Como cada 28 de xuño, celébrase o recoñecemento formal dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuales, transexuales e intersexuales. Facémolo en conmemoración dos disturbios de Stonewall (Nueva York), xeralmente coñecidos como o catalizador do movemento pro-dereitos LGTBI en EEUU e no resto do mundo. Estes dereitos fundaméntanse en valores universais e democráticos como a igualdade, respecto, diversidade e a liberdade.

Ler máis...
 
O Auditorio de Verín acolle a respresentación da obra “O furancho” de Ibuprofeno teatro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Xuño 2023 11:18

O sábado 8 de xullo, ás 20:30 horas, o Auditorio de Verín acolle a representación da obra “O Furancho”, da compañía Ibuprofeno Teatro. Peza de teatro escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.

Ler máis...
 
O FIC estrea imaxe corporativa para adaptala aos tempos actuais e á anovada filosofía do certame como espazo cultural permanente dentro da vila de Verín PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 25 Xuño 2023 11:33

O FIC Vía XIV de Verín está de estrea. A directiva do certame deu a coñecer hoxe a nova imaxe corporativa do festival que substitúe á que se viña empregando dende o ano 2016, data na que xurdiu a iniciativa. Segundo sinalou Jorge Godás, director de Creatividade e Multimedia  do FIC durante a presentación da nova identidade gráfica, “esta renovación persegue modernizar e adaptar a imaxe de marca ao tempo presente” e por iso aposta “por unha liña de deseño tremendamente actual, cunha composición tipográfica simétrica que transfire maior dinamismo”.

Ler máis...
 
Pleno extraordinario de organización do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Xuño 2023 11:31

Esta mañá tivo lugar na casa consistorial o pleno extraordinario de constitución do Concello de Verín no que se trataron os seguintes puntos:

Ler máis...
 
Arrinca a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano con máis de 200 nenos e nenas inscritos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xuño 2023 12:24

Esta mañá comezaron no colexio Princesa de España, con máis de 200 nenas e nenos inscritos, a Ludoteca de verán "Convive en Igualdade" e o Campamento urbano 2023, dúas actividades municipis de conciliación familiar destinadas a menores de 3 a 15 anos que buscan cubrir o tempo de lecer da cativada con propostas lúdicas e educativas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 18 de 807

?>