Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Preentado o cartel do Entroido de Verín 2026, obra do estudo creativo Pruden Tattoo, formado por Anxo Varela “Pruden” e Lúa Lomo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Xaneiro 2026 21:26

Esta mañá presentouse en rolda de prensa o cartel anunciador do Entroido de Verín 2026, unha proposta visual que pon o foco na diversidade e na vivencia colectiva desta celebración emblemática. O acto contou coa participación de Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Turismo e Festexos, así como de Pruden (Anxo Varela) e Lúa Lomo, integrantes do proxecto creativo Pruden tattoo e autores do cartel.

Ler máis...
 
AEVER presenta a súa programación de Nadal PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Decembro 2025 15:55

A Gala de Nadal de AEVER volve ao Pavillón Deportivo de Verín o próximo 4 de xaneiro ás 18:00 horas, cunha proposta familiar chea de humor, música e circo da man de Fran Rei e Félix Rodríguez, que traerán á vila o espectáculo Saaabor de Nadal!, acompañados polas actuacións de Paco Nogueiras e Zirko Txosko.

Ler máis...
 
Celebrando o espírito do Nadal en Verín: Obradoiro temático de elaboración de coroas florais en colaboración coas florerías Locais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Decembro 2025 11:32

O ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes de Verín será o escenario dun novo obradoiro temático de creación de coroas florais de Nadal. O mesmo está organizado polo Concello de Verín, en colaboración coas florerías locais da vila; realizándose esta edición coa Florería Lirios. Será o sábado 20 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas.


Esta iniciativa ten como obxectivo non só celebrar a temporada festiva, senón tamén fomentar a participación activa da comunidade na creación dos seus propios adornos de Nadal, contribuíndo así á dinamización do comercio local.

Ao longo deste obradoiro temático, os participantes terán a oportunidade de mergullarse no espírito do Nadal mentres crean adornos únicos e especiais. A colaboración coas florerías locais engade un toque auténtico e comunitario a esta experiencia, destacando a importancia de apoiar e promover o comercio local. A inscrición para o evento ten un custo de 25 euros e pode realizarse directamente na propia Floraría Lirios (rúa Deputación, 23. baixo).

Colaboración coas florarías de Verín

Cada ano, este obradoiro correra a cargo dunha das florarías de Verín (sempre que queiran adherirse a esta iniciativa). Deste xeito, todos os negocios florais da vila iránse rotando enriquecendo a calidade do taller e conseguindo unha participación equitativa de todos os comercios florais locais.

 

 
A Sala de Exposicións Municipal acolle “Alén do lago”, a nova exposición fotográfica do verinés Carlos Folgoso Sueiro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Decembro 2025 11:36

O Concello de Verín, en colaboración coa Asociación Vía XIV, inaugura o vindeiro sábado 20 de decembro ás 20:15 horas na Sala de Exposicións Municipal a mostra fotográfica “Alén do lago”, do fotógrafo verinés Carlos Folgoso Sueiro, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. A exposición poderá visitarse ata o 31 de xaneiro, en horario de 10:30 a 14:30 h; e de 16:00 a 18:30 h. (luns a venres).

Ler máis...
 
Verín presenta a súa programación de Nadal con máis dunha vintena actividades e a implicación de entidades culturais, sociais e comerciais da vila PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Decembro 2025 18:02

O Concello de Verín vén de presentar a programación oficial de Nadal 2025–2026, un calendario composto por máis dunha vintena de propostas que se desenvolverán entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro. A oferta combina accións impulsadas directamente polo Concello coa colaboración activa de numerosas entidades locais que, un ano máis, contribúen a enriquecer a vida social e cultural da vila durante estas datas.

Ler máis...
 
A Banda de Gaitas Nova Era de Verín celebrou o seu décimo aniversario co espectáculo “DEZ” no Auditorio de Ourense este domingo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Decembro 2025 21:55

O Auditorio Municipal de Ourense acolleu esta noite DEZ, o concerto co que a Banda de Gaitas Nova Era de Verín celebrou a súa primeira década de vida cun aforo case completo e unha resposta do público á altura da ocasión. Máis de 70 músicos ourensáns reuníronse sobre o escenario para repasar a traxectoria dun proxecto que hoxe é xa un referente no panorama cultural galego. A través de diferentes suites musicais, o grupo levou ao público por ritmos tradicionais, pasaxes contemporáneas e pezas creadas especificamente para esta celebración, construíndo unha narrativa musical que percorre os dez anos que fixeron posible Nova Era.



“Foi realmente emocionante xuntar tantas caras coñecidas sobre o escenario. Foi, sen dúbida, o concerto desta década. E agardamos que quede no recordo do público como o fai no noso”, sinalou a dirección artística ao remate. A entidade avanzou tamén que, a finais de ano, o resultado deste espectáculo poderá desfrutarse en formato audiovisual, nun vídeo que recollerá a esencia dun concerto que marcou un antes e un despois na historia da banda.

A cita foi tamén un encontro simbólico co pasado e co futuro do proxecto. Sobre o escenario conviviron músicos que deron os primeiros pasos na formación con novas incorporacións que achegan frescura e novas influencias. “Celebramos unha década xuntos, pero tamén celebramos a idea de que a música galega pode reinventarse sen medo. Queríamos compartir esa enerxía coa nosa xente, coa que estivo desde o principio, e con quen se achegou por primeira vez a nós”, explicaba o director, Álvaro Isaac Rúa. O repertorio, que revisitaba pezas históricas e estreaba arranxos creados para a ocasión, mesturou o formato clásico de banda de gaitas co universo da orquestra e mesmo coa linguaxe do jazz, amosando unha convivencia natural entre tradición e vangarda que foi recibida cunha ovación unánime.

“A idea de DEZ foi difuminar totalmente os límites musicais que se presupoñen nunha formación como a nosa. Queremos sentar as bases dun concerto que sexa referencial e quede para o recordo, e por iso o nivel de detalle e agarimo volcado neste espectáculo chegou a novas cotas. É moi diferente e moito máis refinado que calquera outro produto no que traballamos anteriormente, e para lograr chegar a esa meta rodeámonos de músicos de primeiro nivel de fala galega”, comenta Dani García, director e produtor do espectáculo.

Dez anos despois, Nova Era segue a defender que a música tradicional é tamén unha ferramenta de identidade e cohesión social. O seu traballo, desenvolvido dende Monterrei, converteuse nun exemplo de como a creación cultural pode revitalizar o tecido social e ofrecer novas oportunidades artísticas na comarca.

Dez anos facendo comunidade a través da música

Fundada no Val de Monterrei en 2014, a Banda de Gaitas Nova Era converteuse nun dos proxectos máis singulares do panorama galego. Ao longo desta década levou a súa música a escenarios como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, Francia, Portugal ou a República Checa.

A traxectoria de Nova Era caracterízase pola constante exploración de novas linguaxes musicais. O seu primeiro traballo discográfico, “Rumbo NE”, xa marcaba esa dirección: unha viaxe sonora na que conviven muiñeiras galegas, swing americano, salsa cubana, música celta e ritmos balcánicos, combinados coa potencia expresiva da gaita galega e das diferentes seccións instrumentais da banda. A súa estrea, o 28 de decembro no Auditorio de Verín, reuniu a máis de corenta músicos e contou coa colaboración de artistas de referencia como Óscar Ibáñez, nunha gala que consolidou o proxecto como un dos máis orixinais do panorama galego.

Desde aquela, Nova Era seguiu ampliando horizontes con propostas como o EP “Outros Compases: Cara A”, o espectáculo “Voces dunha nova era”, o documental “oriXes. Dez anos de Nova Era” e as Xornadas Culturais Nova Era, que cada verán dinamizan o centro de Verín con foliadas, obradoiros e cantos de taberna.

Con “DEZ”, a banda celebra un camiño no que a experimentación e o compromiso coa cultura local seguen a ser o seu mellor sinal de identidade.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 839

?>