Axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade |
|
|
|
Sábado, 16 Abril 2016 17:29 |
Desde o Concello de Verín infórmase da publicación da ORDE pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, con cargo ao P.E FESE Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. |
Ler máis...
|
Charla – Coloquio relacionada ca defensa dos dereitos das persoas maiores |
|
|
|
Luns, 22 Xuño 2015 11:37 |
No marco do Programa de envellecemento activo que se está a desenvolver dende os Servizos Sociais Comunitarios de Verín – Área de maiores - este venres día 19 de Xuño no salón de actos da casa da cultura do Concello, realizouse unha Charla – Coloquio relacionada ca defensa dos dereitos das persoas maiores. Ó inicio, unha nena menor de idade, voluntaria na biblioteca Municipal de Verín, leeu o Decálogo dos dereitos das persoas maiores.
|
Ler máis...
|
ov-sas-maiores-teleasistencia |
Teleasistencia Domiciliaria.
É un servizo social que se presta no domicilio e que ofrece a posibilidade de continuar vivindo neste con tranquilidade e seguridade. Ten por obxeto dar unha resposta positiva e inmediata co fin de resolver situaciones de necesidade as 24 horas ó día, todos os días do ano. É un sistema de comunicación bidireccional, mans libres, que conecta ao usuario do Servizo cun Centro de Atención, sólo con pulsar un botón.
|
ov-sas-maiores-xantar-na-casa |
Programa de comidas a domicilio “Xantar na casa”.
Constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús. Preténdese que as persoas maiores e/ou dependentes poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable.
|
Programa de Transporte Adaptado (065).
O Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para ás persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia ten a consideración de servizo de transporte adaptado programado e non urxente para a prestación de servizos puntuais. Este servizo de transporte adaptado e asistido, de carácter gratuíto, ten como finalidade: a) Poñer a disposición das persoas con discapacidade e/ou dependentes que teñan dificultades de mobilidade os medios adecuados as súas necesidades, que lles faciliten dita mobilidade. b) Favorecer o acceso, en condicións de igualdade efectiva, ás persoas con discapacidade e/ou ás persoas en situación de dependencia aos servizos e recursos que faciliten a promoción da súa autonomía persoal así como a súa participación no contorno habitual.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 2 |