Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Torneo de Natación 2011 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Febreiro 2011 10:59

O programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos), coa colaboración do Concello de Verín, organiza un Torneo de Natación nas categorías de benxamín -nados nos anos 2001 e 2002- e alevín -1999 e 2000-.


Esta convocatoria vai dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor -a excepción da Licenza da Escola de Natación-; que competirán individualmente, por sexos, nas seguintes probas:  25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín, 25 metros braza benxamín, 50 metros braza alevín, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín, 4x25 metros estilos benxamín e 4x50 metros estilos alevín.

Neste torneo terán lugar as seguintes fases: local -26 de marzo-, intercomarcal, provincial e galega -só na categoría alevín e no mes de maio de 2011-. Cada fase organizarase nunha xornada única, que dará comezo ás 17 ou ás 10.30 horas, segundo se celebre en xornada de tarde ou mañá. E nas mesmas, cada nadador/a poderá nadar dúas probas individuais e unha de relevos.

Na primeira fase, a local, competirán todos/as nadadores/as do mesmo municipio e terá lugar na Piscina Climatizada de Verín o vindeiro 26 de marzo, a partir das 10 horas. E nas fases intercomarcal, provincial e galega, participarán os/as nadadores que conseguirán acceso a esta fase -24 mellores marcas individuais por proba e sexo e as 12 mellores marcas en cada proba de relevos da fase anterior-.

Para participar neste Torneo de Natación, os/as interesados/as deben inscribirse na recepción da Piscina Climatizada de Verín ata o 15 de marzo -de 7,30 a 12,30 e 16 a 23 horas-.

 
?>