Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Máis de mil participantes na VI Maratón BTT ‘Rota do Presunto 2010’ na Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Setembro 2010 09:34

Na xornada de onte tivo lugar a VI Maratón BTT ‘Rota do Presunto 2010’, organizada por o BTT Club de Chaves e enmarcada dentro do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, na que participaron un total de 1.072 persoas procedentes de diferentes puntos do norte de Portugal e da comunidade autónoma de Galicia.

Esta proba, que conforma o evento deportivo con maior participación cidadá no municipio de Chaves, contou con tres percorridos e niveis de dificultade distintos: maratón (de 93 quilómetros, 4/5 -físico- e 3,5 -técnico-), media-maratón (de 54 quilómetros, 3/5 -físico- e 3,5 -técnico-) e paseo guiado para acompañantes (de 22 quilómetros, 1/5 -físico- e 1,5 -técnico-). Os tres percorridos se iniciaron e finalizaron no forte S. Neutel en Chaves, e os primeiros participantes que chegaron na proba de maratón foron Ivan Nascimento de BTT Matosinhos (03:20:36), Francisco Fernandes de Liberty Seguros/Run&Bike/BTCC (03:23:26) e Nuno Almeida de Valbike / Chaves (03:23:36); mentres que os primeiros en alcanzar o final en media-maratón foron Ruben Alexandre Dias Nunes de Team Oliveira / Lapierre / Mavic (02:04:30), Miguel Macedo de Faioes/Streetbikes/Mun. Chaves (02:04:34) e Ricardo Manuel da Silva Santos de Team Oliveira / Lapierre / Mavic (02:04:39).

Nesta ocasión a tradicional ‘Rota do Presunto 2010’ ampliou o seu percorrido a territorio español -atravesando os municipios de Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós-, co fin de incentivar a converxencia deportiva, cultural e ambiental entre os dous municipios, e observar a fronteira como unha oportunidade de desenvolvemento territorial e socioeconómico, na que se incentiven a utilización dos servizos comúns como instrumento dinamizador da convivencia entre a poboación de ambos territorios.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>