ORDENANZA FISCAL REGULADORA PARA A UTILIZACIÓN EN PLACAS, PATENTES E OUTROS DISTINTIVOS, DO ESCUDO MUNICIPAL. |
.
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades que conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co que sipoñen os arts. 15 e 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa pola utilización do escudo do municipio " que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó que prevé no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2º.- Feito impoñible.
1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a autorización e uso prorrogado para utilizar o Escudo do Municipio en placas, marcas, nombres ou usos comerciais e industriais, membretes, logotipos, etiquetas e outros distintivos análogos, con fins particulares e a instancia dos interesados.
2.- Non estará suxeita a esta taxa a utilización do Escudo do Municipio que fora imposta con carácter obrigatorio por este Concello.
Artigo 3º.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades, a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da autorización para o uso do Escudo do Municipio.
Artigo 4º.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º.- Exencións.
Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes que sexan titulares de empresas que exploten servicios públicos municipalizados con carácter de monopolio.
Artigo 6º.- Cota tributaria.
A liquidación da cota regularáse con arranxo a seguinte:
TARIFA
Por cada autorización para a utilización do Escudo do Municipio .- 1.303 ptas/ano
Artigo 7º.- Obriga de pagamento.
1.- Cando se trate a solicitude para a utilización do Escudo Municipal se obriga o pagamento e nace a obrigación de contribuir dende que este Concello autorice a citada utilización. No obstante, poderáse entender a obriga de pagamento da taxa no momento de presentación da solicitude.
2.- A cota anual por utilización do Escudo obrigará o pagamento o mesmo día dende o que se entenda autorizada aquela e, con posterioridade, o primeiro día de cada ano.
Artigo 8º.- Declaración.
1º.- A autorización para utilizar o Escudo do Municipio outorgaráse a instancia de parte e, unha vez que se concedeu , entenderáse tácita e anualmente prorrogada en tanto o seu titular non renuncie expresamente a aquela.
2º.- A concesión da autorización de uso do Escudo do Municipio entenderáse outorgada á persoa ou entidade que a solicitara, a quen se lle suceda deberá de obter novamente a autorización e pagar as cotas correspondentes por esta taxa.
Artigo 9º.- Ingreso da taxa.
1.- Cando se trate da primeira autorización liquidaráse e esixiráse a taxa unha vez que se conceda a autorización. Non obstante, os Concello poderán liquidar e esixir a taxa no momento de presentar a solicitude, en concepto de depósito previo.
2.- Cando se trate de autorizacións que se concederon e prorrogadas liquidaráse e esixiráse polo padrón nos períodos que se sinalan nas tarifas da taxa, ou ben no período que determine o Alcalde- Presidente.
Artigo 10.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICION DERRADEIRA
O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
O alcalde, O secretario,
DILIXENCIA:
Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000.
O secretario,
|