Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010
Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Maio 2010 11:18

Os Servizos Sociais do Concello de Verín informan que, desde o día 11 de maio do ano en curso, está aberto o prazo da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o exercicio 2010.

Esta axuda, consistente nun pago único de 360 euros, foi convocada pola Xunta de Galicia como en anos anteriores, e vai dirixida, dentro da política integral de atención á familia, á aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos na data de 01 de xaneiro de 2010 (é dicir, nacidos entre o 2-1-2007 e o 1-1-2010, inclusive), e que por razón dos ingresos económicos obtidos durante o ano 2008 nin elas, nin ningún membro da unidade familiar, estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), correspondente a este período.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos en contía de 360 euros.

A documentación básica a aportar é a fotocopia do DNI do solicitante e cónxuxe, fotocopias do Libro de familia, certificado de empadroamento e nº de conta bancaria. E o prazo de presentación remata o 19 de xuño de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Servizos Sociais, situada na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11), de 9.30 a 13 horas.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>