Programas de Fins de Semana Saudables 2010 |
|
|
|
Luns, 10 Maio 2010 13:23 |
Na área territorial de Chaves-Verín existe unha das maiores concentracións de mananciais de augas termais e minero-medicinais da península, recursos que constitúen unha importante fonte de oportunidades para acadar a clasificación de Destino Turístico Termal e o desenvolvemento dunha área de xcelencia turística centrada na saúde e o lecer.
Os programas de Fins de Semanas Saudables 2010, no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín, realízanse en conxunto con empresas de restauración e hostalería de ambos municipios e o SPA do Emperador das Termas de Chaves. Ademais, buscan consolidar un espazo de excelencia turística termal nesta zona, aproveitando complementariedades, polo que se opta por ofertar aloxamento e restauración en Verín, e tratamentos no SPA do Emperador das Termas de Chaves.
O custo do programa para dúas persoas é de 135 euros -incluíndo dúas noites con aloxamento e almorzo, máis dúas prácticas termais-. Mentres que para unha persoa, nas mesmas condicións que o anterior, é de 93 euros. As prácticas termais que poden escoller os/as interesados/as no programa de Fins de Semana Saudables son as seguintes:
- Vigorante: sauna ou baño turco, piscina con hidromasaxe, ducha escocés. - Relaxante corpo: baño de inmersión en bañeira de hidromasaxe e ducha de Vichy. - Relaxante rostro: baño de inmersión en bañeira/piscina con hidromasaxe e masaxe facial. - Relaxante de pescozo e costas: Bertholaix ou Bertholer, Hidrocolater e masaxe descontracturante (pescozo e costas). - Relaxante pernas: hidropresoterapia e masaxe parcial en pernas. - Beleza Derme: cromoterapia e hidratación corporal
Os tratamentos complementarios extras dos Programas de Benestar Termal incrementan un 20%.
|