Maios na Fronteira |
Martes, 27 Abril 2010 09:06 |
A Eurocidade Chaves-Verín organiza o próximo 30 de abril, a partir das 11 horas, a actividade ‘Maios na Fronteira’ na localidade de Feces de Abaixo (Verín). Nesta iniciativa participan 100 alumnos/as, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, das Colexio Rural Agrupado de Monterrei, Xardín de Infancia Vilaverde da Raia e Escola de 1º Ciclo Vila Verde da Raia; así como profesores, pais e nais, concelleiros/as de ambos municipios e persoal dos departamentos de Educación.Ao longo da xornada, destinada a que os/as nenos/as lusos/as coñezan a historia da festa dos Maios, os/as participantes realizarán as tradicionais esculturas de carriza (musgo), flores e plantas silvestres, cadros para recordar esta iniciativa e coroas de xestas. Con posterioridade recorrerán a localidade de Feces de Abaixo cantando coplas realizadas polos/as alumnos/as, e efectuarán un almorzo conxunto e xogos populares. |