Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade
Axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Abril 2010 09:12

Desde o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte resolución:

- Axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e accesibilidade


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de axudas individuais, de carácter non periódico, para persoas maiores, persoas con discapacidade ou en situación de dependencia empadroadas en Galicia, co fin de colaborar en determinados gastos realizados no ano 2010, con efectos do 1 de xaneiro, destinados a:
• Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
• Adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda.
• Adquisición de próteses dentais ou audífonos.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 7 de maio de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Servizos Sociais, situada na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11), ou no teléfono 988-414776.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>