Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Chaves e Verín ratifican o seu compromiso coa Carta Europea da Seguridade Viaria PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Abril 2010 10:01

O vindeiro 30 de abril, o presidente da Cámara Municipal de Chaves, João Batista, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán desprazaranse a Madrid para ratificar o seu compromiso coa Carta Europea da Seguridade Viaria, impulsada pola Comisión Europea no ano 2001 co fin de reducir o número de vítimas de accidentes de tráfico.

Ao acto, que terá lugar no Ministerio de Sanidad y Política Social, participarán Pere Navarro Olivella, director general de Tráfico de España; así como representantes da Dirección General de Movilidad y Transporte de la Comisión Europa: Enrico Grillo Pasquarelli, director de Transporte Terrestre, e María Teresa Sanz Villegas, directora do proxecto de la Carta Europea de la Seguridad Vial.

Esta carta constitúe unha plataforma participativa integrada por máis 1.700 empresas, asociacións e entidades públicas de toda Europa que se comprometeron a efectuar accións concretas destinadas a redución de accidentes de tráfico. A Carta Europea  da Seguridade Viaria conta, ata a data, con máis 220 organizacións españolas -entre as que se atopan os municipios de León, Zaragoza ou Madrid, Real Automóvil Club de España (RACE), Dirección de Tráfico del Gobierno Vasco, Federación Nacional Asociaciones Transporte de España ou Cruz Roja Española-, e partir do acto de sinaturas do días 30 de abril, España converterase no país da Unión Europea no que máis organizacións sumáronse ao proxecto. Ademais, constitúe un recoñecemento ao traballo realizado desde a Eurocidade Chaves-Verín co fin de concienciar aos menores e adultos da importancia de adquirir boas prácticas e previr os accidentes na estrada; e un dos obxectivos xa realizados dentro das actuacións de cooperación transfronteiriza establecidas no ámbito do POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal).

A adhesión a esta carta permitirá desenvolver accións concretas, entre os municipios de Chaves e Verín, no ámbito da educación e seguridade viaria como son: realización de charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónica, mantemento e reposición de sinais de tráfico e repetir, e sobre todo, repetir en anos posteriores, a ‘Semana da Seguridade e Educación Viaria’ na Eurocidade Chaves-Verín.


 
?>