Chaves e Verín asinan a Carta Europea de Seguridade Viaria |
Luns, 19 Outubro 2009 19:24 |
O presidente da Cámara Municipal de Chaves, João Batista, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán asinaron esta mañá a Carta Europea de Seguridade Viaria, impulsada pola Comisión Europea co fin de reducir o número de vítimas de accidentes de tráfico. Esta actuación permitirá desenvolver accións concretas, entre os municipios de Chaves e Verín, no ámbito da educación e seguridade viaria como son: realización de charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónica, mantemento e reposición de sinais de tráfico e sobre todo, repetir en anos posteriores, a ‘Semana da Seguridade e Educación Viaria’ na Eurocidade Chaves-Verín.Nesta actividade participaron a Dirección General de Tráfico, Jefatura Provincial de Tráfico, Agrupación Guardia Civil de Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Policía de Segurança Pública e Guardia Nacional Republicana de Portugal. E a través da realización de charlas-coloquios e xornadas prácticas, como exposicións, exhibicións de medios, teatro ou actividades con karts, mostráronse actuacións conxuntas en materia de educación e seguridade viaria aos cidadáns das localidades de Verín e Chaves. |