Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un fillo/a ou adopten un neno ou nena menor dun ano
Axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un fillo/a ou adopten un neno ou nena menor dun ano PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Febreiro 2016 13:13

Desde a área de Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da seguinte axuda destinada a persoas residentes en Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.


Requisitos principais:

a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.

b) Que a renda da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral e a

base impoñible do aforro, da declaración do IRPF do ano 2014 non supere os 45.000 euros. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida entre o número de membros da unidade familiar, non deberá superar os 13.500.

Nos casos en que non se teña realizado a declaración do IRPF do ano 2014, os ingresos serán os que resulten dos datos que consten en poder da AEAT, aos cales se lles restarán os gastos deducibles.

 

Contía da axuda :

Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida.

Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.

 

Información e solicitudes: Imo Concello de Verin

Centro Municipal de Servizos sociais.

Avda de Portugal, 11­bis (Casa da Xuventude)

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>