Obradoiro “A fórmula cooperativa nos servicios sociais” en Verín |
Venres, 10 Xullo 2015 11:59 |
A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo na que está incluida o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.
No plan de actuación 2015 da Rede Eusumo intégrase o obradoiro “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”, un obradoiro destinada a amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social. A través deste obradoiro perséguense os seguintes obxectivos:
Este obradoiro, dirixido tanto a axentes intermedios de servizos sociais e persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, terá lugar o día 16 de xullo, en Verín, no Centro de Desenvolvemento Cooperativo, en horario de 17:00h a 20:00h. Información e Inscrición:
Teléfono: 981 55 80 08 Tamén na oficina de desenvolvemento local do Concello de Verín (pranta baixa), como organismo adscrito a Rede Eusumo.Teléfono: 988 41 00 00 |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |