Obradoiro 'Coidados na Primeira Idade' en Verín |
|
|
|
Mércores, 18 Xuño 2014 12:11 |
O salón de actos do Hospital de Verín acollerá na xornada de mañá 19 de xuño, de 16.30 a 20.30 horas, o obradoiro 'Coidados na Primeira Idade', organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns coa colaboración das oficinas de Inclusión Social do Concello de Verín.
Os obxectivos do mesmo son conseguir un desenvolvemento saudable dos/as fillos/as, a través de dotar ás nais e aos pais da información, formación, coñecemento e habilidades necesarias relacionadas cos coidados da saúde na infancia e a prevención da enfermidade; así como facilitar aos proxenitores recursos educativos para promover estilos de vida saudables. O programa do obradoiro, que será impartido por Cristina Ouro Núñez -enfermeira supervisora da Unidade de Partos de EOXI Lugo-, aséntase nos seguintes conceptos: alimentación (lactancia materna, lactancia artificial, signos normais e signos de alarma na alimentación), eliminación, movementos e mantemento da postura axeitada, durmir e descanso, roupa, mantemento da temperatura corporal, hixiene e integridade da pel, seguridade, xestión da documentación do recén nacido e citas no centro de saúde.
O obradoiro 'Coidados na Primeira Idade' está destinado a pacientes, familiares e cidadanía en xeral. Para participar no mesmo, os/as interesados poden inscribirse na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns (no seguinte link) ou acudir directamente ao lugar onde se impartirá este obradoiro. |