Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Xornada 'A enfermidade oncolóxica' na Casa da Cultura de Verín
Xornada 'A enfermidade oncolóxica' na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Maio 2014 13:35

O luns 12 de maio, de 16.30 a 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a xornada 'A enfermidade oncolóxica', organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, coa colaboración do Centro de Saúde de Verín e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín. (Área de Maiores).

Os obxectivos deste xornada son aproximar aos participantes as nocións básicas sobre as enfermidades oncolóxicas, a prevención e os coidados, así como adquirir habilidades de manexo das reaccións emocionais e situacións de crise.  

O programa da mesma presenta aspectos básicos das enfermidades oncolóxicas, prevención nos coidados, procesos de adaptación e impacto emocional e a comunicación no manexo de situacións de crise. A  xornada 'A enfermidade oncolóxica', dirixida a pacientes, familiares, coidadores e familia en xeral, será impartida por unha enfermeira da unidade de Oncoloxía da EOXI de Ourense e unha psicóloga da Asociación Española Contra o Cáncer (AECC).

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>