Inicio do programa de 'Se queres, podes' en Verín |
|
|
|
Mércores, 23 Abril 2014 10:52 |
O Concello de Verín, a través da Escola de Familia Municipal, promove a realización do programa de alfabetización de persoas adultas 'Se queres, podes' na localidade.
A alfabetización trátase dun dereito universal, instrumento de autonomía persoal e medio de alcanzar o desenvolvemento individual e social; ademais de ser o eixo principal da educación para todos/as e resulta esencial na vida de calquera individuo. É por isto que dende a Escola de Familia do Concello de Verín ofrécese o programa 'Se queres, podes', coa finalidade de reengancharse a unha posterior formación obrigatoria esencial para calquera contrato laboral.
O uso da alfabetización para intercambiar coñecementos evoluciona constantemente a medida que progresa a tecnoloxía. Dende a Internet ata o envío de mensaxes de texto a través dos dispositivos móbiles, a dispoñibilidade cada vez maior de medios de comunicación, propicia o aumento da participación social. Unha comunidade alfabetizada é un colectivo dinámico, no que se intercambian ideas e xeran debates. Pola contra, o analfabetismo é un obstáculo na consecución dunha calidade de vida superior e incluso pode ser o caldo de cultivo da exclusión ou marxinación.
No programa 'Se queres, podes', as sesión estarán conformadas por grupos reducidos coa finalidade dunha atención individualizada e de maior calidade. Máis información e inscricións no servizo de Educación Familiar do Concello de Verín (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal 11 bis, primeira planta).
|