Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Servizos Sociais de Verín busca familias acolledoras para o programa 'Vacacións en Paz'
Servizos Sociais de Verín busca familias acolledoras para o programa 'Vacacións en Paz' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Decembro 2013 10:38

O departamento de Servizos Socias do Concello de Verín, en colaboración coa ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, participa no programa de acollida vacacional 'Vacacións en Paz', que se desenvolve, como todos os anos, durante os meses de xullo e agosto.

O Concello de Verín leva participando nesta iniciativa solidaria dende o ano 2004, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos, desfruten dunha estancia agradable, baixo a supervisión e os coidados das familias  acolledoras. Os obxectivos deste programa son: trasladar a nenos/as saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas; reivindicar o dereito dos nenos e nenas saharauis a vivir no Sáhara Occidental e poñer de manifesto a situación na que actualmente viven, facilitar asistencia médica e de alimentación, promover, entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidariedade facilitando así a convivencia e integración de todas as persoas na comunidade, perfeccionar a aprendizaxe da lingua castelán e galega que estudan nos seus programas escolares, ofertar unha alternativa de ocio e tempo libre e evitar a súa estancia nos campamentos durante os meses de xullo e agosto por teren as temperaturas máis altas (máis de 50º).

No mesmo participan familias verinenses, que ao longo destes meses, acollen a nenos/as do Sahara Occidental.  Por este motivo, todos os interesados en sumarse a esta iniciativa para o ano 2014 deben contactar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín (situado na Casa da Xuventude -Avenida de Portugal, nº 11 bus) ou no teléfono 988-414776.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>