Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
1ª Edición do Programa de Termalismo Social da Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Novembro 2008 13:00
A Eurocidade Chaves-Verín pon en marcha a primeira edición do Programa de Termalismo Social, que permitirá a grupos de 30 a 50 persoas acudir ás Termas de Chaves beneficiándose dun desconto do 50 por cento. Esta iniciativa, que implementa un programa de turismo de saúde e benestar sen saír da casa, foi posible grazas á firma do protocolo entre a empresa municipal que xestiona as Termas de Chaves e o Concello de Verín, unha acción que complementa ao outro protocolo asinado no pasado mes de xullo polo que os veciños de Verín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso das Termas.
Esta primeira edición do programa permitirá que as persoas acudan ás Termas de Chaves durante 9 días seguidos, facendo o tratamento que, en cada caso, o médico que realice que fará a consulta no primeiro dia lles prescriba. Este tratamento conta con valores especiais en relación aos prezos oficiais, de maneira que este programa costará aos eurocidadáns o mesmo que se fose da man do Inserso ou do Inatel (no caso portugués). No paquete inclúese: transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta de médico e acompañamento de enfermería, prácticas termais prescritas polo médico hidroloxista, albornoz e kit termal para os tratamentos e cena/espectáculo no Casino de Chaves no último día.

O custo deste paquete oscilará entre os 180 € e os 240 €, dependendo da tipoloxía dos tratamentos que inclúa despois da consulta médica e a súa prescripción. No último día de devandito programa terá lugar unha cea de despedida no Casino de Chaves, con espectáculos de variedades en directo, todo incluido no prezo.

Co fin de que os/as interesados/as coñezan o programa terán lugar as seguintes charlas informativas en Chaves e Verín:
- día 5 de novembro: Centro Social Terceira Idade, 17 horas.
- día 5 de novembro: Salón de Actos da Casa da Cultura, 18.30 horas.
- dia 11 de novembro: Centro Social Terceira Idade,16 horas.
- dia 11 de Novembro: Salón de Actos da Casa da Cultura, 12.30 horas.
 
?>