Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas O Concello de Verín asina un convenio con Eroski Center para a cesión de dous locais destinados a fins sociais
O Concello de Verín asina un convenio con Eroski Center para a cesión de dous locais destinados a fins sociais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Outubro 2008 10:22
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director de Relacións Institucionais de Vegalsa-Eroski, Javier González Sampedro asinaron un acordo de cesión gratuíta de dous locais, anexos ao supermercado Eroski Center (R/ Luis Espada, 77-79-81 e 83), destinados a usos sociais.
 
Os dous emprazamentos, cunha superficie total de 249 metros cadrados, estarán destinados un para roupeiro municipal e banco de alimentos, e o outro, para fins sociais directamente relacionados coa actividade municipal. Este servizo, dependente do área de Benestar Social e Servizos Sociais de Atención Primaria, ten como finalidade a provisión de roupa, calzado e alimentos para paliar as necesidades dos máis desfavorecidos ou en situación de pobreza e marxinación.
O prazo inicial de cesión de uso será polo tempo que dure o contrato de Eroski/Center coa propiedade, a partir da firma do acordo que así o acredita. Unha vez finalizado o prazo de duración inicial o contrato quedará automaticamente prorrogado por sucesivos prazos anuais, sempre que así o estimen oportuno ambas as partes.
 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>