Curso de alfabetización dixital para persoas en risco de exclusión social |
|
|
|
Xoves, 31 Outubro 2013 14:40 |
As oficinas de Atención ao Inmigrante e do Plan Xitano do Concello de Verín promoven a organización dun curso de alfabetización dixital destinado a persoas en risco de exclusión social do municipio, en concreto, mulleres de etnia xitana e inmigrantes maiores de 18 anos.
Este curso, enmarcado dentro do programa de inclusión social da poboación inmigrante e da comunidade xitana, terá lugar durante do 4 ao 29 de novembro. O mesmo impartirase na aula multimedia CeMIT do Concello de Verín, de 17.30 a 19.30 horas, e entre as cuestións formativas que se ensinarán están iniciación á informática, internet básico e correo electrónico (nivel básico).
O obxectivo deste curso de alfabetización dixital é facilitar coñecementos para localizar, organizar, avaliar e analizar información a través da tecnoloxía dixital; é dicir, desenvolver as habilidades para o uso da informática nas súas distintas variantes tecnolóxicas (ordenadores, persoais, navegación por Internet). Ademais de romper a tecnofobia e despertar o interese polas TIC (tencoloxías da información e comunicación).
|