Obradoiro de Arteterapia en Verín |
|
|
|
Xoves, 19 Setembro 2013 11:59 |
Na xornada de mañá 20 de setembro, de 18 a 19.30 horas, terá lugar na Casa da Xuventude de Verín un 'Obradoiro de Arteterapia', a cargo de Sara Salgado, psicóloga do departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín.
Esta iniciativa, asentada en actividades de collage e fieltro, está destinada a maiores e familia, e tamén a coidadores, co fin de fomentar a participación interpersoal entre avós/as e netos/as e participar de xeito activo na elaboración de produtos artesanais.
A mesma está enmarcada dentro da semana cultural e deportiva, organizada pola área de Persoas Maiores de Servizos Sociais do Concello de Verín, co obxecto de conmemorar o Día Mundial do Alzheimer e visibilizar esta enfermidade. Devandita semana está conformada por actividades culturais e deportivas destinadas a toda a poboación do municipio, así como aos familiares e coidadores das persoas afectada polo alzheimer, unha enfermidade progresiva que afecta a aproximadamente 22 millóns de persoas en todo o mundo, e que unha das principais causas de mortalidade entre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.
|