Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Entrega de diplomas dos cursos formativos para desempregados
Entrega de diplomas dos cursos formativos para desempregados PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Abril 2013 13:29

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entregaron esta mañá os diplomas aos/ás participantes nos cursos de accións formativas para desempregados impartidos polo Concello de Verín e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

No acto, no que tamén estiveron presentes os rexedores de Monterrei e Oímbra, José Luis Suárez e Alfonso Villarino respectivamente, destacouse a importancia deste cursos, destinados a dar resposta as actuais demandas do mercado, a través dun proceso formativo no que se une a parte teórica coa práctica. Por parte do Concello de Verín impartíronse dúas accións formativas, Monitor/a de Educación Ambiental e Dinamizador/a de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, entre un total de 27 alumnos/as. No de Monitor/a de Educación Ambiental, cun total de 300 horas, analizáronse cuestións como: introdución ao medio natural, problemática ambiental, conceptos xerais da educación ambiental, psicopedagoxía do aprendizaxe neste ámbito, características e rol do monitor en educación ambiental o seguridade e hixiene no traballo, entre outros. Mentres que no de  Dinamizador/a de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, de 310 horas, centrouse na organización, dinamización e avaliación de  tempo libre educativo dirixidas á infancia e a xuventude, no marco da programación xeral dunha organización, aplicando as técnicas específicas de animación grupal, incidindo explicitamente na educación en valores e atendendo ás medidas básicas de seguridade e prevención de riscos.

No caso da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, os/as alumnos/as participantes recibiron formación en cursos como auxiliar de enfermería en xeriatría, técnico administrativo de seguros, técnico auxiliar en deseño de interiores e celador sanitario.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>