Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Os perigos de Internet e as novas tecnoloxías no curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín
Os perigos de Internet e as novas tecnoloxías no curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Abril 2013 11:32

A Casa da Cultura de Verín acollerá maña sábado 6 de abril, de 11 a 13 horas, a mesa redonda  'Os perigos dun mundo globalizado: Internet e as novas tics', enmarcada no curso 'Mediación e xestión de conflitos”, organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín -coa colaboración do CDR Portas Abertas-.

Este foro de debate, presentado polo rexedor Juan Manuel Jiménez Morán e moderado polo director de TVE en Galicia Rafael Cid Fernández, terá por obxecto o intercambio de ideas en relación aos perigos e riscos, para os/as nosos/as mozos/as, sobre a utilización de Internet e as novas tecnoloxías. O mesmo contará coa participación de Manuel Corredoira López, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación; Maite Jiménez, directora do IES García Barbón de Verín e presidenta da Asociación de Directores/as de Galicia, María Lameiras, vicerrectora do Campus de Ourense e Bernardo Deprado, delegado de Formación de la Comisaría de Policía Nacional de Ourense.

O curso “Mediación e xestión de conflitos”, dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, conta con máis de 100 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; así como coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito.

As últimas xornadas previstas no curso “Mediación e xestión de conflitos”son as seguintes:

Xoves, 11 de abril de 2013
- De 20 a 22 horas: obradoiro 'Bullying, mediación e violencia en imaxes'. Debate dirixido Manuel Ayán de Cine Club Nosferatu-Verín, Tamara Balboa, traballadora social do CDR Portas Abertas, e Javier Cid, traballador social e coordinador de Servizos Sociais do Concello de Verín.

Xoves, 25 de abril de 2013
- De 20 a 22 horas: relatorio 'Educar dando o que necesitan', a cargo de José María Toro Alés, mestre de ensinanza primaria, actualmente en excedencia voluntaria e adicado a tarefas de formación de diversos colectivos, especialmente no ámbito da educación e da saúde.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>