Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Comunicación familiar, bullying e mediación escolar no curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín
Comunicación familiar, bullying e mediación escolar no curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Abril 2013 11:37

Mañá venres, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá, a partir das 16 horas, o obradoiro e relatorio 'Crecemento en autoestima e comunicación familiar: coñécete a ti mesmo, créate a ti mesmo' e 'Bullying e mediación escolar', enmarcados no curso 'Mediación e xestión de conflitos”, organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín -coa colaboración do CDR Portas Abertas-.

As habilidades sociais e bullying serán os eixes das dúas presentación destinadas ao público en xeral, mozos/as, alumnado de centros educativos, proxenitores e docentes. O obradoiro 'Crecemento en autoestima e comunicación familiar: coñécete a ti mesmo, créate a ti mesmo' será a cargo de Isabel Calle Santos, psicóloga e profesora da UNED en Ourense. No mesmo, que terá lugar de 16 a 19.30 horas, ofertaranse ferramentas para mellorar a nosa asertividade e habilidades sociais. E a partir das 19.30 horas, o relatorio 'Bullying e mediación escolar' presentado por Plácido Blanco Bembibre, catedrático de Orientación Educativa no IES Carlos Casares de Viana do Bolo, un dos poucos institutos galegos onde o propio alumnado exerce de mediador cos seus iguais, co obxecto de manter as regras de convivencia educativa do centro.

O curso “Mediación e xestión de conflitos”, dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, conta con máis de 100 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; así como coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito.
As restantes xornadas previstas no curso “Mediación e xestión de conflitos”son as seguintes:

Sábado, 06 de abril de 2013
- De 11 a 13 horas: mesa redonda 'Os perigos dun mundo globalizado: Internet e as novas tics', moderada por Rafael Cid Fernández, director TVE en Galicia, e coa participación de Manuel Corredoira López, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación; Maite Jiménez, directora do IES García Barbón de Verín y presidenta da Asociación de Directores/as de Galicia, María Lameiras, vicerrectora do Campus de Ourense e inspector de formación da Comisaría de Policía Nacional de Ourense.

Xoves, 11 de abril de 2013
- De 20 a 22 horas: obradoiro 'Bullying, mediación e violencia en imaxes'. Debate dirixido Manuel Ayán de Cine Club Nosferatu-Verín, Tamara Balboa, traballadora social do CDR Portas Abertas, e Javier Cid, traballador social e coordinador de Servizos Sociais do Concello de Verín.

Xoves, 25 de abril de 2013
- De 20 a 22 horas: relatorio 'Educar dando o que necesitan', a cargo de José María Toro Alés, mestre de ensinanza primaria, actualmente en excedencia voluntaria e adicado a tarefas de formación de diversos colectivos, especialmente no ámbito da educación e da saúde.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>