ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS DE AUTO-TAXI E DEMAIS VEHICULOS DE ALUGUER. |
![]() |
![]() |
![]() |
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades que conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co que dispoñen os arts. 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa por licencia de autotaxis e demais vehículos de aluguer", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó que prevé no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2º.- Feito Impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta Taxa a presentación e a realización das actividades que, en relación coas licencias de autotaxis e demais vehículos de aluguer a que se refire o Regulamento que se aprobou polo Real Decreto 763/1979, do 16 de marzo, que se sinalan a continuación:
a) Concesión e expedición de licencias.
b) Autorización para transmisión de licencias cando proceda o seu outorgamento, con arranxo á lexislación vixente.
c) Autorización para substitución dos vehículos afectos ás licencias, ben sexa este cambio de tipo voluntario ou por imposición legal.
d) Revisión anual ordinaria dos vehículos e revisión extraordinaria a instancia a parte.
e) Dilixenciamento dos libros de rexistro das empresas de servicios de transportes que se regulan en dito Regulamento.
f) Uso e explotación de licencias e autorizacións.
Artigo 3º.- Suxeito Pasivo.
Están obrigados o pagamento da taxa, en concepto de suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades, a que se refire o art. 33 da Lei Xeral Tributaria, seguintes:
1.- A persoa ou entidade a quen se outorgue a concesión e expedición da licencia, ou a quen se autorice a transmisión da mesma.
2.- O titular da licencia o que substitúa ou revise o vehículo, sendo a revisión tanto ordinaria como extraordinaria, e/ou que dilixencie o libro de rexistro.
Artigo 4º.- Responsable.
1.- Responderán con solidariedade das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios, os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral,nos supostos e co alcance que sinala os art. 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º.- Cota tributaria.
A cota tributaria determinaráse por unha cantidade fixa sinalada según a natureza do sevicio ou actividade de acordo coa seguinte Tarifa:
Artigo 6º.- Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención ou bonificacións algunha no pagamento da Taxa.
Artigo 7º.- Obriga do pagamento.
1.- A obriga do pagamento da taxa que regula esta ordenanza, nace nos casos sinalados nas letras a), b), c) do artigo 2º, na data que este Concello conceda e expida a correspondente licencia ou atorice a súa transmisión ou a substitución do vehículo.
2.- Cando se trate da prestación dos servicios de vehículos e de delixenciamentos de libros de rexistro,estará obrigado o pagamento da taxa no momento no que se inicie aquela prestación, entendendo, a estos efectos, que dita iniciación se produza coa solicitude dos mesmos.
Artigo 8º.- Declaración de ingreso.
1.- A relación das actividades e a prestación dos servicios suxeitos a esta Taxa se levarán a cabo a instancia de parte.
2.- Tódalas cotas serán obxecto de liquidación para ingreso directo, unha vez que se concedan as licencias ou autorizacións de que se trate e unha vez que se realicen os servicios solicitados, procedendo os contribuíntes o seu pagamento establecido polo Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 9º.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada casa, estaráse ó disposto nos artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICION DERRADEIRA
O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
O alcalde, O secretario,
DILIXENCIA:
Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000.
O secretario |