Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Proxecto de redución do abandono escolar en Verín
Proxecto de redución do abandono escolar en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Outubro 2012 13:41

O Concello de Verín inicia unha nova edición do proxecto de redución do abandono escolar, promovido desde o departamento de Educación Familiar de Servizos Sociais e asentado en tres modalidades: Estudar pode ser divertido, Obradoiro de Graduado e Corresponsabilidade,  Programa de Competencias Clave e Certificados de Profesionalidade,  Obradoiro de Debate, e Información e Sensibilización.

Devandito proxecto, que se desenvolverá nos meses escolares, ten como obxectivo: diminuír o fracaso escolar, formación para a presentacións as probas de acceso libre ao título da E.S.O, formación en competencias clave, e continuar no tempo unha labor social, educativa, escolar e familiar demandada entre a poboación, que necesita formarse e obter uns estudos mínimos para acceder ao mundo laboral.

Estudar pode ser divertido
Actividade  encamiñada a evitar o abandono escolar do alumnado de 3º e 4º de ESO e PCPI en risco de exclusión, incidindo na motivación mediante o uso das novas tecnoloxías e no aprendizaxe significativo, a través da utilización de ordenadores coma elementos catalizadores a hora de levar a cabo as tarefas de aprendizaxe.

Obradoiro de Graduado e Corresponsabilidade
Apoia a formación co obxecto de presentarse ás probas de acceso libre ao título da E.S.O. preparando nos ámbitos lingüístico, social e científico tecnolóxico, segundo o establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria -xa se presentou alumnado as probas do pasado 13 de setembro-. De xeito complementario, e mediante contidos dinámicos, analizouse o traballo na corresponsabilidade, organización e reparto equitativo de tarefas domésticas, arranxos de pequenas avarías, organización doméstica.  

Programa de Competencias Clave e Certificados de Profesionalidade
Formar ao alumnado nas seguintes competencias: lingua galega, lingua castelá, matemáticas, ciencias, tecnoloxía, inglés e dixital. En cada unha destas materias trabállanse os contidos esixidos polo Instituto Galego de Cualificacións. Hai 24 matriculacións para as probas que se celebrarán o día 24 de novembro en Silleda. Estívose e estase pendente dos certificados que saen no DOG para así informar, formar e axudar a preparar a proba que lle requiren segundo o certificado.

Obradoiro de Debate
Nesta actividade fomentase a estimulación da linguaxe oral e  escrita, pero sobre todo o temor a falar e expresarse en público.

Información e Sensibilización
Lévase a cabo dende Educación Familiar do Concello de Verín dando información sobre as ensinanzas especiais para persoas adultas, e sobre os certificados de profesionalidade. Informouse dos centros de impartición, datas de matrícula, requisitos ou convocatoria de avaliación para os diferentes certificados, e axudase a cumplimentar documentación para as distintas probas.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Educación Familiar, situada na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11 bis) ou no teléfono 988-414776.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>