Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Inscrición gratuíta no xogo de rol en vivo Irmandiños. A Revolta para os habitantes da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Agosto 2008 11:38
A inscrición para os/as mozos/as residentes na Eurocidade Chaves-Verín que desexen participar no xogo de rol en vivo “Irmandiños. A Revolta” será gratuíta. O proceso de inscrición terá lugar entre os días 18 de agosto e 18 de setembro, e debe realizarse no Gabinete Técnico da Eurocidade, situado no segundo piso da Casa Consistorial de Verín.
Este xogo de rol en vivo, organizado por 13 Negativo e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade en colaboración cos Concellos de Monterrei e Verín, está ambientado no ano 1475, tras a derrota do Exército Irmandiño en Monterrei. Esta terceira edición terá lugar entre os días 26 e 28 de setembro no Castelo de Monterrei; e nel participarán 500 mozos/as, de entre 18 e 35 anos, divididos en dous bandos: Irmandiños e Malfeitores. Todos os xogadores, que deberán traer o seu propio vestiario e espada –exceptuando os inscritos no bando dos Malfeitores e na Confraría de Mercenarios-, poderán desprazarse ata a zona de xogo nos seus vehículos particulares ou en autobuses dispostos pola organización.

Por outra banda, os habitantes do municipio de Monterrei interesados en participar en devandita actividade tamén terán dereito a inscrición gratuíta; e neste caso, deben dirixirse ás oficinas municipais do Concello de Monterrei.
Máis información eiquí
 
?>