Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas-inmigrante Xornada formativa para persoas inmigrantes en materia de consumo en Verín
Xornada formativa para persoas inmigrantes en materia de consumo en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Novembro 2011 13:59

A Casa da Xuventude de Verín acolleu hoxe unha Xornada formativa para persoas inmigrantes en materia de consumo (Programa Brandán), realizada entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Instituto Galego de Consumo, e coa colaboración do Concello de Verín.


Esta xornada buscaba informar sobre a protección dos dereitos dos/as consumidores/as e usuarios/as, a resolución de conflitos e determinadas cuestións que afectan especialmente aos consumidores/as. Ao longo da xornada realizouse un itinerario formativo no que os asistentes participaron en dúas sesións: unha de dereitos e deberes e a outra a escoller entre compras en internet (coñecer os criterios de seguridade nas compras a través da rede, diferenciar entre sitios seguros e sitios que non o son, así como coñecer os dereitos cando se merca na rede) ou tarificación eléctrica (coñecer as diferentes tarifas eléctricas e as vantaxes en función das circunstancias persoais).


 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>