Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
A carreira 'Un euro por quilómetro S.O.S. Corno de África' finaliza en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Outubro 2011 11:11

O sábado 29 de outubro, a localidade de Verín converterase no punto final da carreira solidaria 'Un euro por quilómetro S.O.S. Corno de África', iniciada o pasado 16 de outubro na localidade de A Guarda co obxecto de recadar fondos para a poboación de Somalia, Etiopía e Kenia.

Esta iniciativa naceu como consecuencia da crise alimentaria no Corno de África (onde se atopan países como Somalia, Etiopía e Kenia) que ameaza a subsistencia de 12 millóns de persoas, e comeza a afectar á poboación doutros países próximos como Djibouti, Sudán, Sudán del Sur y partes de Uganda. Nestes últimos meses, Nacións Unidas declarou oficialmente a fame grande en cinco rexións do sur de Somalia, sendo a primeira vez que se declara en case trinta anos, e citando un empeoramento das condicións e unha inadecuada resposta humanitaria -que podería causar un millón de mortos, dos que 800.000 serían nenos-. Por este motivo, a carreira solidaria 'Un euro por quilómetro S.O.S. Corno de África' ten tamén como obxectivos específicos: difundir información da situación actual, concienciar á poboación, crear participación social e recadar fondos, xa que por cada quilómetro percorrido recibirase un euro, que será aportado polos corredores que apadriñen os quilómetros realizados nesta carreira por relevos.

A chegada á praza do Concello de Verín está prevista ás 18 horas do sábado, tras percorrer os máis de 127 quilómetros que separan Lalín da localidade ourensana, onde os corredores serán recibidos por concelleiros do grupo de goberno, e estará situada unha caseta informativa sobre esta iniciativa solidaria.

Na carreira participan atletas como: José Domínguez,  Ricardo Carballo, Dora Albor, Manuel Iglesias, Santiago González, Antonio Agulló, Cristian Vence, Gerardo González, Jesús Bernal,  Vanesa Insaurralde, Dani Bodaño, Mª José Bodaño, Cristian Díaz , Ricardo Vázquez , Agustín Crespo, Emilio Montilla, Armando Verde, José M. Martínez “Bamarti”, Isidro Barco, Marifé Blanco ou Telma Pereira. Esta carreira estivo conformada por dez etapas: A Guarda-Tomiño, Tomiño-Tui, Tui-Porriño, Porriño-Redondela, Redondela-Pontevedra, Pontevedra-Caldas de Reis, Caldas de Reis-A Estrada, A Estrada-Silleda, Silleda-Lalín, Lalín-Ourense-Verín.  Na localidade ourensana, os membros da organización agardan que outro municipio recolla a testemuña para continuar esta carreira, de non ser así Verín sería o punto de saída para a próxima primavera, dunha iniciativa que agarda percorrer toda España.

 

?>