Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
Cursos de natación para alumnos do CEIP Laureano Prieto de A Gudiña PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Outubro 2011 13:16

A Piscina Climatizada de Verín organiza durante este ano lectivo cursos de natación para os/as alumnos/as do Centro de Educación Infantil e Primaria Laureano Prieto da localidade de A Gudiña.

En devanditos cursos participan un total de dezanove nenos/as, sete con idades comprendidas entre 3 e 6 anos -cinco en lista de espera- e doce de 7 a 16 anos, e teñen lugar os venres de 19 a 19.45 horas. Nos mesmos os/as menores reciben formación en diferentes estilos de natación como crol, costas, braza o bolboreta. Todos co obxecto de que o/a neno/a teña contacto coa auga para mellorar a súa habilidade motriz acuática e reforzando a súa personalidade e independencia.

 

?>