Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
‘Convive coas Linguas 2011’ clausura a súa cuarta edición con máis de 400 participantes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Agosto 2011 13:33

A Eurocidade Chaves-Verín clausurou a cuarta edición do programa 'Convive coas Linguas', unha iniciativa educativa na que participaron máis de 400 nenos/as de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 7 e 14 anos.

A mesma fomentou, a través da realización de actividades lúdicas e educativas, o aprendizaxe do castelán, galego e portugués entre os/as menores participantes. Tenis, Fútbol-Sala, Fútbol-7, pádel, baloncesto, visitas a parques botánicos, golf, cine, piscina, música ou xogos de praia foron algunhas das actividades realizadas polos/as nenos/as no programa 'Convive coas Linguas'. As mesmas desenvolvéronse entre o 4 de xullo e o 26 de agosto, en horario de 10 a 13.30 (hora local) os luns e xoves -xornadas nas que os/as nenos/as de Chaves acudiron a Verín- e de 9 a 13 (hora local) os martes e venres -os/as nenos/as de Verín desprazáronse a Chaves-. Os días 25 de xullo e 15 de agosto (festivos en Verín) e o 8 de xullo (non laboral en Chaves) no se realizou ningunha das actividades previstas neste programa.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>