Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Limitacións de tráfico e aparcamento na Volta Ciclista a España PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Agosto 2011 11:57

Con motivo da Volta Ciclista a España, o próximo 31 de agosto de 2011, sufrirán limitacións de tráfico e de aparcamento as seguintes vías de circulación:

- Rúas Xesús Taboada Chivite e Antonio Fernández Pérez: o tráfico cortarase dende as do 30 de agosto de 2011 até as 15:00 horas do 31 de agosto de 2011.

- Avda. de Portugal, á altura do Instituto e Piscina de A Granxa: non se poderá estacionar vehículos dende as 8:00 até as 12:45 horas. O tráfico cortarase nesta avenida das 11:00 ás 12:45 horas.

- Estrada As Tuelas e Avda. de Cabreiroá: non se poderá estacionar vehículos dende as 8:00 até as 13:00 horas. O tráfico estará cortado das 12:15 ás 13:00 horas.

- Estrada Constitución, Avda. de Portugal (dende a Aduana até o cruzamento con Luis Espada), Luis Espada, Rúas Deputación, Irmáns Moreno, Espido, Canella Cega, San Antón, San Rosendo e Avda. de Sousas: non se poderá estacionar dende as 8:00 até as 13:45 horas. O tráfico estará cortado das 12:30 ás 13:15 horas.

Por este motivo, desde o Concello de Verín rógase a máxima colaboración evitando circular por estas vías o referido día. Os vehículos que incumpran a prohibición de estacionar serán retirados polo servizo municipal de guindastre.

 
?>