Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Circulación restrinxida en vías de Verín durante a Volta Ciclista a España PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Agosto 2011 11:54

Con motivo da Volta Ciclista a España, o próximo 31 de agosto de 2011 o núcleo urbano de Verín acollerá un trazado de 8,1 quilómetros, neutralizado, co seguinte percorrido: Avenida de Portugal (punto de saída fronte ás piscinas descubertas de A Granxa), As Tuelas, Estrada de Cabreiroá, Constitución, Avenida de Portugal, Avenida Luis Espada, Deputación, IrmánsMoreno, Espido, Canella Cega, San Antón, San Rosendo, Avenida de Sousas e Estrada de Castela (punto de finalización do tramo neutralizado e inicio da saída lanzada).

Por este motivo, desde o Concello de Verín rógase a máxima colaboración evitando circular por estas vías o referido día.



 
?>