Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
V Andaina ao Santuario dos Milagres PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Agosto 2011 11:48

Con motivo da celebración da novena en honra á Nosa Señora dos Milagres (Baños de Molgas), a Asociación Ruta das Augas promove para o próximo 3 de setembro, a partir das 21 horas e con saída na Casa do Escudo, a quinta andaina popular para os/as veciños/as de Verín.

Devandita actividade, que conta coa colaboración do Concello de Verín, permitirá a numerosos verineses percorrer os 49 quilómetros que separan a vila do Támega do santuario mariano. Nesta ocasión o percorrido, de dificultade media, realizarase por As Estivadas, Viladerrei e Sarreaus

Os interesados/as en participar deben inscribirse, antes do 2 de setembro, en Multisport Verín ou no teléfono 600-410018.




 
?>