Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Percorrido e horarios da Volta a España en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Agosto 2011 11:27

O vindeiro 31 de agosto, a localidade de Verín acolle a saída da décimo primeira etapa da 66º Volta a España. Aínda que en anteriores edicións, as rúas de Verín albergaron tramos de etapa desta competición deportiva, esta é a primeira vez que o municipio acolle unha saída da Volta Ciclista a España.


A saída da mesma, dun total de 167 quilómetros, finalizará na Estación de Montaña Cabeza de Manzaneda. En Verín, os ciclistas efectuarán un percorrido de 8,092 quilómetros polas seguintes rúas: Avenida de Portugal (punto de saída fronte ás piscinas descubertas de A Granxa), As Tuelas, Estrada de Cabreiroá, Constitución, Avenida de Portugal, Avenida Luis Espada, Deputación, Irmáns Moreno, Espido, Canella Cega, San Antón, San Rosendo, Avenida de Sousas e Estrada de Castela.

A concentración e control de firmas realizarase de 11.45 a 12.30 horas, na zona do complexo deportivo A Granxa e CEIP Princesa de España, e a saída neutralizada desta etapa terá lugar ás 12.40 horas, no lugar especificado con anterioridade.

 
?>