Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para o fomento da propiedade industrial
Subvencións para o fomento da propiedade industrial PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Xullo 2011 08:00

Desenvolvemento local do Concello de Verin

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

O obxectivo das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións. Trátase de impulsar a protección, non só das innovacións técnicas (invencións), senón tamén das innovacións de forma (deseños industriais) e de imaxe (signos distintivos).

Poderán acceder á condición de beneficiarios destas axudas as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os que solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 15 de novembro de 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.


Ver a a orde no D.O.G.



 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>