Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
'Maratón de Fútbol-Sala Feminino' Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e

Durante os días 9 e 10, a Eurocidade Chaves - Verín organiza a primeira edición do ‘Maratón de Fútbol – Sala Feminino’ , que se celebrará  no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.


Os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:

- 1º clasificado (300 €  máis trofeo),
- 2º clasificado (200 €  máis trofeo),
- 3º clasificado (100 €  máis trofeo).
- Trofeo á mellor porteira.
- Trofeo á máxima xogadora.

Ata o día 7 de xullo, ás 14 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nesta actividade. Devandita inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cota de 50 euros por equipo (no nº de conta 3085 0082 58 2139271213) e indicando o nome do equipo e teléfono de contacto. Para máis información 699 823 318 e 636 373 058.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).



 
?>